Substitúe
a Lei do 97, que é así derrogada, e ven a acompasar as previsións
legais do deporte galego á súa realidade e actuais necesidades,
asentado tamén as bases para o seu futuro desenvolvemento.
Consta
de IX Títulos onde se abordan aspectos como as competencias das
Administracións públicas, os suxeitos da actividade deportiva,
a xurisdición deportiva, a protección da saúde dos deportistas e a
loita contra a dopaxe, ou a loita contra a violencia e as condutas
contrarias á boa orde deportiva. Prevé un prazo dun ano para a
adaptación das entidades deportivas galegas as súas previsións.
Máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario